Wikipedia

Resultados de la búsqueda

martes, 19 de mayo de 2020

MÉRCORES, 20 DE MAIO DE 2020



                                 BOS DÍAS

O xoves e o venres estamos de descanso. Pasádeo moi ben!!!

A nosa compañeira Julia fixo este vídeo como moita arte.VER VÍDEO

                                        HORARIO:


  • Valores. Lemos do libro AMAR cuidado, estima e dedicación


  • Relixión (https://agueiro.xunta.gal/view/view.php?t=jt1JHgOEkIATmPlXFVQv)

  • Descanso. Escoitade...


  • Hora de Ler. Esperamos que os guste


MOBY DICK | AUDIO CUENTOS PARA NIÑOS 

  • Lengua Castellana. Recordamos lo que son los adverbios, vistos el año pasado.

                           Matemáticas


CIENCIAS SOCIAIS E CIENCIAS NATURAIS

CORREO DO PROFE MIGUEL: miguel.a.enriquez@edu.xunta.gal

RECORDATORIO:

Os e as que non enviastes a Ficha de Ciencias Sociais sobre o Río Tambre, ide rematándoa e enviádea. Recordade que a ficha do Plan de vida, un día saudable é para este xoves 21. Non esquezades ver os vídeos do Tema 6, "A Enerxía".

ACTIVIDADES DE CIENCIAS SOCIAIS

(Semana do mércores 20 ao xoves 28 de maio)
Esta semana, como o xoves 21 e o venres 22 non son lectivos, decidimos pasarvos as actividades o mércores para que vos organicedes como mellor vexades.

Como vimos facendo, traballaremos en dous apartados:

A) O Tema 3. A atmosfera e o clima ( imos abordar só a metade do tema, aproximadamente )
Repasade os contidos desde o principio ata a páxina 45, – O cambio climático e as actividades económicas -.
Para facelo un pouco máis ameno, propoñémosvos completar o estudo-repaso, cuns vídeos. (recordade que é moi difícil encontrar vídeos que se axusten aos contidos do noso libro). Os vídeos son os seguintes:

1.- La Atmósfera. Happy Learning. 4’15”
2.- Eduteca. El tiempo atmosférico. Youtube 5’17”
https://www.youtube.com/watch?v=65mS782mCLQ

3.- ¿Qué es el efecto invernadero? Happy Learning. Youtube. (máis sinxelo) 3’14”
4.- ¿Qué es el efecto invernadero? Youtube. (nivel máis alto, voluntario ), 4’47”

*A actividade que vos propoñemos para esta semana consiste en facer un esquema baseándose nas páxinas 44 e 45 do libro de texto, baixo o título:

Como lle afecta o cambio climático á nosa saúde e ás actividades económicas?

E a segunda parte das tarefas...

B) Do terceiro trimestre, traballamos o Tema 6, A Península Ibérica na Idade Antiga (imos tratar tamén a metade do tema aproximadamente, desde o inicio, ata a páx. 97).

Recordade que nos parece interesante que leades os contidos do libro. Complementámolo cos seguintes vídeos:
1.- A Idade Antiga. Iberos, celtas, fenicios e cartaxineses. Eduteca. Youtube 5’23”
2.- Cultura castrexa. ¿ Cómo vivían los celtas del noroeste peninsular? 4’09”
3.- O castro de Viladonga (en galego) 11’ 49” (voluntario + nivel, adultos )
( Sabedes que no noso concello tamén hai castros? Non están á vista coma os que vos presentamos nos vídeos, pero están... pistas para os/as intrépidos/as investigadores/as: “Patrimonio Galego...”. Naturalmente é voluntario )
4.- ¿ Cómo eran los Íberos ? 1’ 27”
5.- Grecia. 4’42”


Que teñades unha boa semana !!!




3 comentarios:

VENRES, 19 DE XUÑO DE 2020

                                     FIN DE CURSO               Recorrimos xuntos              un pedaciño das nosas vidas.       ...