SEMANA DAS LETRAS GALEGAS 2020
HORARIO:
- Educación física (https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipamaia/)
- Matemáticas. Imos repasar
- Inglés ( https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipamaia/)
- DESCANSO
- Hora de Ler. Seguimos celebrando a Semana das Letras Galegas. Se pinchades no documento tendes unha lectura sobre o homenaxeado. Hai actividades, pero non hai que facelas. Solo LER
- Lingua galega. Ampliamos o tema 3
ASPECTOS IMPORTANTES A TER EN CONTA PARA MELLORAR AS VOSAS TAREFAS DE CIENCIAS NATURAIS E CIENCIAS SOCIAIS
* Recordade que estamos buscando alternativas ( vídeos...) aos contidos do Libro de Texto na materia do 3º Trimestre. É difícil atopar materiais na nosa lingua galega. Por eso queremos pedirvos que, aínda que o material que vos achegamos veña en castelán, fagades o esforzo de presentar os vosos traballos en galego . Recordade que é a lingua na que impartimos as dúas materias.
* Outra cuestión é que aínda que non traballamos polo Libro de Texto os temas do 3º Trimestre, consideramos positivo que leades voluntariamenteos temas novos de cara ao curso que vén.
* Por último, cando fagades un debuxo, un cómic ou calquera actividade que poda ser colgada despois no Blog, debedes enviala como un só arquivo e que o contido se vexa correctamente – dereito- .
Grazas por ter estas consideracións en conta nas vosas futuras actividades
ACTIVIDADES DE CIENCIAS NATURAIS
( Semana do xoves 14 ao xoves 21 de maio )
Como vimos facendo, imos traballar esta semana en dous apartados:
A) Para abordar o Repaso do Tema 2, propoñémosvos unha actividade creativa, feita por vós, ao voso gusto,... pero con sentidiño, eh !!!!!
Trátase de que fagades un “PLAN DE VIDA, UN DÍA SAUDABLE”
Tedes que planificar un día completo da vosa vida tendo en conta:
- A hora de erguerse.
- Hábitos de aseo.( citar os momentos do día en que te aseas )
- Comidas do día ( especificando o menú de cada unha).
- Ocupación do tempo de “estudo-traballo-obrigas”. Horarios ao longo do día.
- Tempo de lecer: en que o ocupades, horarios...
- Outros...
- Hora de deitarse.
(para facer esta actividade tedes que repasar o Tema 2, A Saúde. Despois de facelo, consideramos un bo plan que vaiades organizando todo a partir dun horario, ao estilo do do cole... non hai máis pistas... a investigar, ...
**Esta Ficha do “Plan de Vida, un día saudable” será a única actividade que nos tedes que enviar esta semana, vale ?
Voluntariamente poden facer exercicios das diferentes partes do tema para afianzar coñecementos.
Antes de pasar á segunda parte das actividades e, como este tema da saúde trata das enfermidades infecciosas, parécenos interesante ver un vídeo sobre o Coronavirus. Propoñemos o seguinte:
Vídeo Coronavirus de Happy Learning: Youtube 2'48´'
B) A outra parte da vosa tarefa, está referida aos contidos do 3º Trimestre.
Imos empezar co Tema 6, A Enerxía. ( na seguinte entrega seguiremos con este T 6).
Para traballar sobre el propoñémosvos que vexades os seguintes vídeos:
1.- Eduteca. ¿Qué es la energía?. Formas de energía. Youtube 4’53¨
2.- ¿De dónde viene la energía?. Youtube 6’30¨
3.- Energías renovables y no renovables. Youtube 4’47¨
4.- Energías Sucias y Energías Limpias. Youtube 3’42¨
( os vídeos 3 e 4 son semellantes, pero compleméntanse )
5.- Producción de energía eléctrica. Youtube 6’24¨
6.- Mundo Sostenible (Consumo Sostible de enerxía) Youtube 3’43¨
Que teñades unha boa semana !!!
Buenos dias por favor si podrian enviar el correo de la Profesora de Inglés Lidia que me sale como incorrecto...Gracias
ResponderEliminarBos días:
ResponderEliminar(Raquel) rsnoya@edu.xunta.gal
(Mercedes) mercedes.blanco@edu.xunta.gal
(Lidia)lidiabrenlla@edu.xunta.es
(Jesús) jesusgarciavazquez@edu.xunta.es
Muchas gracias
ResponderEliminar