Wikipedia

Resultados de la búsqueda

jueves, 7 de mayo de 2020

XOVES, 7 de MAIO de 2020


  EMPEZAMOS O DÍA :


  • Educación física( https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipamaia/) 

  • Lingua galega ( mirade as páxinas 178 e 179 do libro) Logo facede este LIM

  • Matemáticas. Seguimos coas coordenadas

  • DESCANSO

  • Hora de ler

  • Correccións: 

    • Lingua galega Ficha 2. O son B. A grafía b 1. sabedoría ▶ saber / deberes ▶ deber / recibo ▶ recibir / escribente ▶ escribir / bebedoiro ▶ beber / subida ▶ subir / lambetada ▶ lamber / sorbete ▶ sorber. 2. As bolboretas buscaban flores para libar. 3. poboación / abelá / burbullas / ribeira / billa.
    • C. NaturaisSOLUCIÓNS

  • Tarefa de Ciencias Sociais. Recordade que ata o vindeiro xoves:
ACTIVIDADES PARA CIENCIAS SOCIAIS
(Semana do xoves 7 ao xoves 14 de maio)
Igual que vimos facendo, imos traballar as actividades en dous apartados:

A) Repaso do Tema 2, A Hidrosfera

Actividades “Repaso da Unidade” das páxinas 30 e 31
Aclaracións:
- O exercicio 3 da páx. 31 dice: “Explícalles oralmente aos teus compañeiros...
Como non podemos, de momento, facédelo escrito.
- O exercicio 9 da páx. 31, “Selecciona un río.... e copia e completa a seguinte ficha...
Imos facer todas e todos a ficha sobre o Río Tambre. A investigar !!!

ESTA FICHA DO RÍO TAMBRE será a única actividade
 que nos tedes que enviar esta semana


B) Materia da 3ª Avaliación. Seguimos co Tema 5 “A Península Ibérica na Prehistoria” (repaso)
Esta semana imos repasar e asentar coñecementos sobre este momento tan interesante.
Para eso, propoñémosvos estes vídeos :
Da serie “Érase una vez el hombre”, imos ver como empeza todo....
1.-  Nace la Tierra:
Seguimos... É posible que algún xa vírades este que recomendamos o outro día, pero voltamos...
2.-  El Paleolítico:

Preto de nós temos o Parque Arqueolóxico de Arte Rupestre de Campo Lameiro... ( pertence á Rede Galega do Patrimonio Arqueolóxico) para que, cando todo esto remate, vos leven os pais, ou os profes... Non localizamos outros vídeos. Este é de publicidade, pero para ver o interesante que é, serve.
3.- Presentación do Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro:
https://www.paar.es/?lang=gl

(Tamén temos petróglifos en Ames... o/a que queira investigar... unha pista... “Colectivo A Rula” A información soe estar destinada a adultos. Non vos preocupedes. A intención é que saibades que están aí... por curiosidade)

4.- Tamén en España... Atapuerca:
5.- E non podía faltar ... Altamira...!!!

Lembrade que só tedes que enviar a vosa investigación: Ficha sobre o Río Tambre seguindo o modelo do libro.
Que teñades unha boa semana !!!

3 comentarios:

  1. Bos días. Creo que o pasado ano, na excursión de 3º que se fixo casi ao final de curso, foron precisamente ao Parque Arqueolóxico de Arte Rupestre de Campo Lameiro

    ResponderEliminar
  2. Bos dias Inma, onde pon (repaso) significa que teñen que facer os exercicios de respaso de unidade? E que Ara esta facendoas porque entendía que era así...

    ResponderEliminar

VENRES, 19 DE XUÑO DE 2020

                                     FIN DE CURSO               Recorrimos xuntos              un pedaciño das nosas vidas.       ...